Unha tarxeta de proximidade é un pequeno dispositivo que inclúe un circuíto integrado, que pode ser lido de forma remota sen necesidade de contacto físico. Co termo tarxeta de proximidade podemos referirnos aos vellos dispositivos de 125 KHz ou ás novas tarxetas intelixentes por RFID, de 13.56 MHz.
As tarxetas de proximidade teñen unha distancia de lectura de ata 5 centímetros, na maioría dos casos, permitindo ao usuario pasar a tarxeta diante do lector sen sacala da carteira, por exemplo. O prezo deste tipo de tarxetas é bastante baixo, entre un e dous euros (datos de 2007).